Unámonos, xuventude galega (e o resto tamén) para mellorar Galicia, España, e o mundo enteiro! Despertade e loitade, vós, amantes da vida. Desatade as correas do voso pescozo e berrade, eliminade as correas que non vos deixan ir máis alá.

Temas



Enlaces

Archivos

fóra correas

Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2005.

16/03/2005

CÓMO EMPEZAR

Desde este espacio pretendo publicar, con certa regularidade, artigos críticos sobre diferentes aspectos do comportamento humano, que ás veces é verdadeiramente curioso. Só pretendo rirme de todos nós, de todos en xeral e de ninguén en particular.
Non me considero ningunha reporteira intrépida, nin unha gran articulista, e nin sequera unha "listilla" tipo Javier Coronas ou calquera outro sarcástico que están tan de moda en televisión... realmente creo que me ofendería que comparasen o meu estilo ó de calquera *personajillo... mmm, agora xa sabedes como ofenderme.
Estaría encantada de que colaborasedes conmigo e me axudasedes a construír pouco a pouco (gran a gran ou pasiño a pasiño) este humilde espacio , pequeno espacio, mandándome as vosas propias reflexións.
E con isto acabo o meu primeiro artigo, o artigo de benvida, rematando con un saúdo, aquel estendido e tan optimista saúdo que dicía...
OLA MUNDO!!
16/03/2005 12:30 Enlace permanente. Tema: saúdo No hay comentarios. Comentar.

25/03/2005

OS INFORMATIVOS NON INFORMATIVOS

Os noticiarios televisivos son a principal fonte de información pública en todo o mundo, pero sen embargo son os que menos informan. Desde vai uns anos os telexornais convertéronse en revistas de sucesos, nas que a pouca información transmitida se mestura con reportaxes anecdóticos, con diversos feitos, con sondeos realizados na rúa e incluso con verdadeiros reality-shows sobre a vida cotiá.
Tódolos acontecementos importantes, en televisión son tratados lixeiramente sen chegar a facer unha análise completa da cuestión. Como contrapartida para enchela noticia emiten imaxes impactantes ou os testimonios e impresións dos cidadáns, dándolle un aire dramático sempre que poidan, xa que é a esencia dos reality-shows.
Con todo isto, a desinformación dos cidadáns significa a mellor manipulación por parte dos políticos e dos medios de comunicación.
25/03/2005 17:49 Enlace permanente. Tema: Comunicación e medios No hay comentarios. Comentar.

26/03/2005

MOOLAADÉ

A ablación é un atentado contra a dignidade e a integridade das mulleres. Esto é o que denuncia Moolaadé, unha película africana dirixida por Ousmane Semben. A película está protagonizada por Fatoumata Coulibaly, unha muller que leva moito tempo loitando polos dereitos das mulleres africanas.
A ablación é unha práctica que consiste en estirparllelo clítoris ás nenas e supón o paso de nena a muller. En moitas ocasións concíbese como se fose unha festa e non se lles permite chorar ás rapazas, xa que supón unha cuestión de honra. A orixe da ablación remóntase ó Antigo Exipto e foise estendendo por todo África. Actualmente practícase tamén en algunhas zonas asiáticas e europeas onde residen comunidades de inmigrantes africanos.
Fatoumata Coulibaly, en Moolaadé encarna a Collé Ardo, unha valente muller que protexe a catro nenas que escaparon o día que se lles ía practicala ablación sete anos despóis de conseguir salvar á súa filla da mesma práctica, loitando así contra a inhumanizada tradición do seu pobo.
Co esforzo de Coulibaly e de persoas coma ela estáse a conseguir concienciar ós pobos africanos respeto a esta práctica, pero inda queda moito camiño por diante para erradicar unha tradición tan arraigada como brutal.
26/03/2005 17:50 Enlace permanente. Tema: Cine Social No hay comentarios. Comentar.

30/03/2005

SEBASTIAO SALGADO E A SÚA FOTOGRAFÍA

Sebastiao Salgado é un magnífico fotógrafo brasileiro. A súa fotografía retrata a pobreza, o exilio, e o sufrimento humano. Salgado cre que debe darse testimonio de todo o que pasa no mundo para que así poida axudarse a resolvelos problemas. Publicou e expuxo dous grandes proxectos que o levaron a viaxar durante anos por corenta e sete países, fotografiando nenos orfos, campos de refuxiados, xente desnutrida pola fame, traballadores rurais e do sector da construcción que viven e traballan en pésimas condicións, exiliados...
O seu currículo alberga máis de 400 fotografías e máis de 50 premios internacionais entre os que se atopa o premio Príncipe de Asturias de Arte. Inda que os premios penso que non é algo máis que anecdótico, o que realmente importa é o recoñecemento do seu traballo e que éste serva para concienciarnos de todo o sufrimento que hai no mundo e para que entre todos intentemos que cambie a situación de todas esas persoas que non tiveron a sorte de nacer no mundo Occidental.
Se vos interesa coñecer máis a fondo a este autor e ollar algunhas das súas fotografías podedes visitar a seguinte páxina: http://www.terra.com.br/sebastiaosalgado/index.htm
30/03/2005 13:17 Enlace permanente. Tema: Artistas comprimetidos No hay comentarios. Comentar.

31/03/2005

OS NENOS TRABALLADORES

Cando merques un producto Nike ou Reebok, pensa que centos de nenos participaron no proceso de producción de esas prendas ou zapatillas deportivas. Cando vexas ó teu irmao pequeno, ó teu sobriño, ó tue primo ou a calquera neno ou nena xogando con un Lego ou con un Chicco, pensa que ese xoguete foi feito por nenos da súa idade ou incluso menores ca el que nunca poderán gozar da súa infancia porque deben traballar; ou pensa que mentres ti te estás preparando para saír á rúa, moitos nenos están traballando para que poidas porte guapa (ou guapo) coa maquillaxe de Christian Dior. Pensa que estás colaborando a que se conforme a explotación infantil.
Máis de 40 millóns de nenos, de cinco anos para arriba, traballan en fábricas, realizando productos para as multinacionais, na construcción en tendas, en minas ou como vendedores ambulantes, e eso sempre cando non teñan que someterse á prostitución. A súa man de obra é unha ganga para os empresarios, xa que polo traballo dun neno chegan a pagar catro veces menos do que lle pagarían a un adulto. Por outra parte estes nenos están expostos moitas veces a productos tóxicos ou con un nivel de perigosidade moi elevado durante 12 ou 13 horas diarias.
Os nenos traballadores xa nunca serán nenos, foron condenados a pasar de bebés a adultos, nunca gozarán da súa infancia que por nacemento lles pertencía nin poderán ir á escola, sendo a deshumanización a única lección que aprenderán na vida.
31/03/2005 12:39 Enlace permanente. Tema: Os nenos No hay comentarios. Comentar.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.