Blogia
fóra correas

A HORA DA VERDADE

Hai tres meses que empecei a escribir este blog. Cando o abrín inda non tiña nin idea do tema que ía a tratar, e por iso creei unha dirección tan complicada: tereemeese. A estas alturas sería un pouco tarde para cambiala dirección, inda que como se di... "nunca é tarde para cambiar", planteareimo.
Por fín se me ocorreu un tema sobre o que centrarme: CRÍTICA SOCIAL. Que gran tema. Na sociedade na que vivimos hai moitos temas que denunciar ademáis dos que aparecen nos medios de comunicación. Temas sobre os que moi pouca xente reflexiona, moitas veces porque os ignora. A miña intención é dar a coñecer algúns deses problemas e facer reflexionar a todos os que me lean. O título do blog ocorreuseme posteriormente e fai unha pequena alusión á rebeldía e a non conformarse unicamente co que nos poñen diante dos ollos. A desinformación é un xeito de limitarnos por iso eliminando esas correas invisibles ás que nos queren atar seremos máis libres.
Dividín os post en varios temas, non sei se son os máis adecuados, pero de todas formas a clasificación por temas é algo totalmente secundario. Agora procederei a facer unha breve análise de cada un dos temas.
saúdo: neste tema escribín un único post. Este é un tema totalmente trascendental que escribín porque non sabía como comezar a escribir no blog, un pouco para saír do paso.
cine social: escribin tres post de diferentes películas que considero que comunican asuntos sociais importantes sobre os que todos deberíamos reflexionar. Debido ó escaso número de lectores, o número de comentarios que recibin destes post é satisfactorio, inda que vos animo a que sigades escribindo máis comentarios.
comunicación e medios: os medios de comunicación teñen un papel importantísimo na sociedade e o seu mal uso e a pouca profesionalidade aféctanos a todos, e por iso considéroo un tema importante. A través deste blog trato de abordar algúns aspectos críticos dos medios de comunicación. Escribín cinco post pero vexo que este tema non ten moito éxito porque non recibín ningún comentario. De todos xeitos seguirei con el, insisto!
artistas comprometidos: un tema frustrado debido ó pouco tempo que teño para buscar información e tamén a que hai outros temas máis primordiais. 1post - cero comentarios.
nenos: os nenos son seres indefensos que inda están a desarrollar as súas capacidades e a súa personalidade, e por iso son facilmente manexables. Protexelos e ensinarlles a ser persoas críticas é moi importante. Sobre este tema escribín dous post e sobre un deles recibín un comentario.
avaliación do blog: neste tema pretendo facer unha análise sobre a situación do blog. Máis ou menos o que estou a facer agora. Este é o terceiro post.
denuncias varias: aquí reúno tódolos post que non sei en que grupo meter e por non crear vintecinco temas diferentes. Escribín dous post, un dos cales recibiu catro comentarios. Trátase dun artigo que fala sobre o maltrato psicolóxico que sofren moitas mulleres. Ooutro post recibiu tamén un comentario e trata sobre a educación e os Dereitos Humanos.
Intentarei seguir máis ou menos nesta liña, sempre informándome o mellor que poida de cada tema que escriba para poder ofrecer un blog que sexa útil ou do que poidan partir interesante debates.

1 comentario

Nico -

Boas!!

Esta reflexion do blog esta ben, pero e que tampouco deberias estar controlando cantos comentarios tes de cada tema porque xa para empezar este tipo de paxinas non chegan a calquera facilmente, asi que probablemente non tenhas, xa para empezar, moitos visitantes. Polo tanto non penses que un tema por ter menos comentarios e menos interesante. Obviamente, uns chamarannos mais a atencion ca outros, pero eso xa tamen depende da persoa.

E bueno, esto tan so e unha pequena critica sen importancia, porque a min este blog pareceme moi interesante e oxala tenhas un lote de visitantes para que discutan dentro deste blog alguns temas. Ainda que eso si, algunha foto polo medio non lle quedaria mal ;) .

Ala! un saudo!!