Blogia
fóra correas

O ÉXITO DE "GRAN HERMANO"

En artigos anteriores falei sobre o cotilleo nos medios de comunicación e comentei a película "O show de Truman". Quero enlazar estes dous artigos para falar do por qué do éxito de "gran hermano". Este foi un concurso que comezou a emitirse en España no ano 2000 e alcanzou un nivel de audiencia nunca visto. Isto pon de manifesto a dónde pode chegar o cotilleo da sociedade, ou mellor dito, o voyeurismo. Non vou explicar en qué consiste este modelo de reality show porque considera que esta explicación sobra (quén non sabe qué é "Gran Hermano"?).
Este programa está bsado nunha novela de George Orwell, 1984, na que o ollo de Big Brother podía observar todos os movementos dos cidadáns. Emitiuse por primeira vez en Holanda e tralo seu éxito a idea foi vendida a unha gran cantidade de países. Ó chegar a España trataron de vendérnolo como un "experimento sociolóxico sobre o comportamento humano en convivencia con outras persoas" pero eu máis ben diría que é un experimento sobre a estupidez humana (con perdón) e sobre cál é a forma máis rápida e sinxela de gañar cartos.
Atopei un documento que analiza o efecto de "Gran Hermano" comparando tres países: España, Portugal e Brasil. Nel compáranse as diferentes versións do reality neses países e explícase o concepto de reality show, dando finalmente unha opinión favorable a este tipo de programas basándose en que alcanzan a máxima audiencia e que dese xeito é o público quen decide o que quere ver. Sinceramente, o documento está bastante ben, pero discrepo nesa última mensaxe, dado que estes programas se apoian fortemente no márketing e nas fortes campañas de promoción en tódolos medios (son comentados en revistas e incluso noutros programas de televisión), e engañan ó público facéndolles crer que son partícipes das accións dos concursantes. Por outra parte a xente empeza a aburrirse deste programa e por iso pretenden modificalo para seguir atraendo ó público, pero sempre sobre a mesma base (seguir durante as 24 horas do día a vida de persoas non famosas ata ese momento e que o público decida quen se queda e quen non). Así naceron programas como El bus, Supervivientes, Operación Triunfo ou Gran Hermano VIP. Estes programas non deixan de ser versións da primeira, e, en definitiva, telebasura.

3 comentarios

fóra correas -

moitas gracias por comentarme e por mirar o meu blog. entrarei no teu!
eu en realidade non lin o libro, pero teño moitas ganas de lelo desde que oín falar del. de todas formas coñezo bastante ben de que vai e cal é a mensaxe. lin outro moi coñecido de Orwell, o de rebelión na granxa.

Joanna -

Lin só as primeiras liñas do teu post e púxenme a comentar. De aí que non lera a túa alusión a 1984. :)

Joanna -

Unha amiga recomendoume o teu blog, e a iso é debida a miña presenza aquí. Eu tamén teño un blog, pero son aínda máis principiante ca ti, levo pouco máis dunha semana.Agradeceríache enormemente se me comentaras...A dirección é "como_nunca.blogia.com". Grazas.:D
Antes de nada, comento eu respecto ó teu post.
Estou lendo "1984", de Georges Orwell que, como supoño que saberás, é a base do Gran Hermano. Está moi, moi ben, aínda que advito que ao principio pode parecer un pouco pesado. E o mellor é que acabas odiando aínda máis aos programas dese estilo, xa que no libro o gran hermano goberna toda unha cidade impedíndolle ter decisión propia.
Lerei o teu blog a partir de agora.Bicos...