COMERCIO XUSTO
Anteriormente faláravos da explotación que sofren moitos nenos e nenas en todo o mundo, pero o problema da explotación non só o sofren os cativos, tamén os seus pais e milleiros de persoas adultas que teñen que traballar máis de doce horas diarias para poder levar algo á boca. A grande maioría das empresas que abusan da situación destas persoas son multinacionais, que a cada día que pasa van aumentando os seus beneficios económicos, chegando a ter máis control económico que o total de moitos países.
Dende hai uns anos varias ONGs denunciaron estas condicións de abuso e comezaron unha loita contra a inxustiza que sofren os traballadores dos países pobres coa iniciativa do Comercio Xusto. Con isto preténdese, entre outras cousas, respectalos Dereitos Humanos na producción, garantir salarios que permitan unha vida digna, a prohibición da explotación infantil, o respecto do medio ambiente e a creación de estratexias que permitan a autosostenibilidade dos países do sur. Pero para que isto sexa posible necesítase a concienciación e a implicación da sociedade. Nós, como consumidores, somos responsables do que mercamos. Debemos estar informados das condicións baixo as que se elaboraron os productos que se nos ofrecen.
Hai tres lugares en Galicia onde se loita polo Comercio Xusto: Amarante en Santiago, A Factoría do Sur en Pontevedra e Crisol en Vigo.

2 comentarios
fóra correas -
si, esas son as bases do liberalismo. "bueno, se están así é porque queren, de todos xeitos con este sistema cada un ten o que se buscou, o que se merece".
si señores, este é o poder da persuasión, de reducir a nosa mente a un puño.
Nico -
Por exemplo, un nunca sabera o que e a fame ata que vive nesa situacion, polo que mentras este todo ben, non hai nada de que preocuparse. E e, asi como penso eu que vivimos. :/