Blogia
fóra correas

EDUCACIÓN E DEREITOS HUMANOS

Vou a comezar este artigo cunha pregunta moi sinxela:
Que vos ensinaron na escola?
Si, na escola aprendimos moitas cousas útiles, aprendimos a ler, a escribir, a sumar, a multiplicar, aprendimos as partes do corpo humano, as provincias de España, os ríos... e incluso a algúns lles ensinarían os dez mandamentos! Ben, gracias á escola temos unha cultura xeral aceptable, non somos analfabetos (agora mesmo suponse que estamos a ler), podemos facelas contas cando vamos á compra e comprendemos perfectamente o que nos contan os informativos da televisión.
Agora ben, se a alguén de vós ou se coñecedes a alguén que na escola lle ensinaran a razoar ou a pensar por si mesmo algo que non fose sumar peras con peras e mazáns con mazáns, que mo diga. E o que é máis importante, ensináronvos qué son os Dereitos Humanos e cáles son? A min non.
Na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, aprobada en 1948, exponse que o respeto a estes dereitos debe ser promovido pola ensinanza e a educación. Igualmente, no Artigo 26 exponse o seguinte: “[...] A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto ós dereitos humanos e ás liberdades fundamentais [...]”
Esta é a evidencia da violación (como se soe dicir) dos Dereitos Humanos. Ensinar e concienciar ás persoas desde cativas é o paso máis importante para o respeto e o cumprimento destes. Ninguén pode reclamar algo que non coñece, por iso manternos na ignorancia é o propósito daqueles que queren exercer o poder sobre os demáis.
Algunha vez leichela Declaración dos Dereitos Humanos? Nunca é tarde para votarlle unha ollada. Aí a tes:
Declaración Universal dos Dereitos Humanos

2 comentarios

fóra correas -

Alégrome entonces de haberme equivocado, sempre hai a excepción que confirma a regla! O que non me parece moi razoable é que a den en clase de relixión, xa que esa é unha asignatura que só a dan os católicos. Considero que o tema dos Dereitos Humanos debería ser incluído no programa docente obligatorio.

Eboshi -

La verdad es que a mí fue un tema que me dieron. En religión curiosamente. Pero tuvimos varias semanas temáticas sobre el asunto. Era un colegio bastante "sui generis", en plan paz y amor. Peeeero, los contrastes de la vida, era muy en plan "la letra con sangre entra" (NO, no era ni privado ni de monjas XD) Aunque tb se les iba...