Blogia
fóra correas

O SHOW DE TRUMAN

O show de Truman é unha película feita en 1998 en Estados Unidos (é unha mostra de que en USA a veces teñen boas ideas e se pode facer bo cine). Móstranos a vida dun home que sen sabelo é o protagonista dun reality show. Desde o seu nacemento unha productora adoptouno para facer montaxe televisivo de máxima audiencia, inventándolle unha vida feliz ó lado dunha muller e un grande amigo que non son máis que actores.
Esta película está cargada de metáforas que nos fan pensar en varias cuestións relacionadas coa liberdade e a manipulación. A vida dunha persoa é o que lle fan crer que é. Cando a alguén o educan para ser unha persoa sen ambicións que non necesite ver máis que o que tén e o que lle poñen diante, esa persoa vivirá sen coñecela verdade, xa que a súa única verdade é a que lle impoñen. Esto supón un reflexo da sociedade actual, unha sociedade acostumbrada a tragar todo o que lle poñen diante sen protestar, xa que esa capacidade está durmida, ninguén nos ensina a buscala verdade e a loitar por ela porque iso non interesa. Só cando Truman se deu conta de que ó seu redor pasaban cousas extrañas comenzou a investigar polo seu propio pé cál era a realidade que o rodeaba. Foi entonces cando puido enfrontarse á verdadeira realidade, que todo ó seu redor era unha montaxe, que a súa vida, en definitiva, era unha montaxe. Só cando a xente coñece a realidade pode facer por cambiala.
Por outra parte The Truman show reflexa a esencia dos reality shows dun xeito extremo, xa que se trata da producción audiovisual máis ambiciosa xamáis feita, co fío argumental máis perfecto, con miles de cámaras situadas de forma estratéxica e un montón de actores principais e secundarios e extras. Este show tamén reserva un oco para a publicidade cando a muller de Truman promociona e anunciacia varios productos.
O show de Truman non é unha película que poida analizarse ben en unhas poucas liñas, está cargado de significado en moitos aspectos e pode abrilas portas de un largo debate. Eso déixovolo para vós.

2 comentarios

fóra correas -

Truman elexiu a liberdade. Non sempre é fácil ser libre, pero é moito peor vivir unha vida de mentira, por moi cómodo que esto resulte.
Gracias polo teu comentario, "eu mesmo".

eumesmo -

Vin a pelicula,o que non me gustou e cando lle dan a elexir a Truman, si quedar ou si marchar e decide o ultimo,co ben que estaba no show,sin ter que pagar aluger e co posto de traballo fixo,compañeiros e muller amais.Foi unha mala decision