Cine Social
Neste mes de maio estreouse Heroína, unha película basada na historia real dunha muller viguesa, Carmen Avendaño. Esta muller non abandonou a súa intensa loita contra os narcotraficantes galegos desde que un dos seus fillos enganchados á heroína lle pediu axuda para saír dese pozo sen fondo. Isto ocorría nos anos oitenta, época na que o nivel de consumo desta droga era elevadísimo en Galicia. Avendaño fundou, xunto con outros pais co seu mesmo problema, unha asociación chamada Érguete para axudar a drogodependentes. Esta muller loitou, poñendo a súa vida en perigo, para que a sociedade fose consciente do problema que causaban os narcotraficantes e que os heroinómanos eran persoas enfermas que o que necesitaban era axuda e non o rexeitamento da sociedade. Había unha idea moi xeneralizada de que os drogodependentes eran persoas marxinais, pero a verdade era que a gran maioría de consumidores proviñan de familias íntegras e unificadas. Moitos narcotraficantes acabaron no cárcere gracias á insistencia e valentía de Carmen Avendaño, e os niveis de consumo de heroína en Galicia baixaron considerablemente.
Gerardo Herrero, director da película, non realizou un retrato sobre o consumo de drogas nos anos oitenta senón que adaptou a situación familiar de Carmen e a súa loita persoal para axudar ó seu fillo. A película é bastante lixeira en comparación coa vida real de Avendaño, sen embargo, é unha boa reflexión sobre a loita persoal e a defensa dos ideais.
O show de Truman é unha película feita en 1998 en Estados Unidos (é unha mostra de que en USA a veces teñen boas ideas e se pode facer bo cine). Móstranos a vida dun home que sen sabelo é o protagonista dun reality show. Desde o seu nacemento unha productora adoptouno para facer montaxe televisivo de máxima audiencia, inventándolle unha vida feliz ó lado dunha muller e un grande amigo que non son máis que actores.
Esta película está cargada de metáforas que nos fan pensar en varias cuestións relacionadas coa liberdade e a manipulación. A vida dunha persoa é o que lle fan crer que é. Cando a alguén o educan para ser unha persoa sen ambicións que non necesite ver máis que o que tén e o que lle poñen diante, esa persoa vivirá sen coñecela verdade, xa que a súa única verdade é a que lle impoñen. Esto supón un reflexo da sociedade actual, unha sociedade acostumbrada a tragar todo o que lle poñen diante sen protestar, xa que esa capacidade está durmida, ninguén nos ensina a buscala verdade e a loitar por ela porque iso non interesa. Só cando Truman se deu conta de que ó seu redor pasaban cousas extrañas comenzou a investigar polo seu propio pé cál era a realidade que o rodeaba. Foi entonces cando puido enfrontarse á verdadeira realidade, que todo ó seu redor era unha montaxe, que a súa vida, en definitiva, era unha montaxe. Só cando a xente coñece a realidade pode facer por cambiala.
Por outra parte The Truman show reflexa a esencia dos reality shows dun xeito extremo, xa que se trata da producción audiovisual máis ambiciosa xamáis feita, co fío argumental máis perfecto, con miles de cámaras situadas de forma estratéxica e un montón de actores principais e secundarios e extras. Este show tamén reserva un oco para a publicidade cando a muller de Truman promociona e anunciacia varios productos.
O show de Truman non é unha película que poida analizarse ben en unhas poucas liñas, está cargado de significado en moitos aspectos e pode abrilas portas de un largo debate. Eso déixovolo para vós.
A ablación é un atentado contra a dignidade e a integridade das mulleres. Esto é o que denuncia Moolaadé, unha película africana dirixida por Ousmane Semben. A película está protagonizada por Fatoumata Coulibaly, unha muller que leva moito tempo loitando polos dereitos das mulleres africanas.
A ablación é unha práctica que consiste en estirparllelo clítoris ás nenas e supón o paso de nena a muller. En moitas ocasións concíbese como se fose unha festa e non se lles permite chorar ás rapazas, xa que supón unha cuestión de honra. A orixe da ablación remóntase ó Antigo Exipto e foise estendendo por todo África. Actualmente practícase tamén en algunhas zonas asiáticas e europeas onde residen comunidades de inmigrantes africanos.
Fatoumata Coulibaly, en Moolaadé encarna a Collé Ardo, unha valente muller que protexe a catro nenas que escaparon o día que se lles ía practicala ablación sete anos despóis de conseguir salvar á súa filla da mesma práctica, loitando así contra a inhumanizada tradición do seu pobo.
Co esforzo de Coulibaly e de persoas coma ela estáse a conseguir concienciar ós pobos africanos respeto a esta práctica, pero inda queda moito camiño por diante para erradicar unha tradición tan arraigada como brutal.