Blogia
fóra correas

MOOLAADÉ

A ablación é un atentado contra a dignidade e a integridade das mulleres. Esto é o que denuncia Moolaadé, unha película africana dirixida por Ousmane Semben. A película está protagonizada por Fatoumata Coulibaly, unha muller que leva moito tempo loitando polos dereitos das mulleres africanas.
A ablación é unha práctica que consiste en estirparllelo clítoris ás nenas e supón o paso de nena a muller. En moitas ocasións concíbese como se fose unha festa e non se lles permite chorar ás rapazas, xa que supón unha cuestión de honra. A orixe da ablación remóntase ó Antigo Exipto e foise estendendo por todo África. Actualmente practícase tamén en algunhas zonas asiáticas e europeas onde residen comunidades de inmigrantes africanos.
Fatoumata Coulibaly, en Moolaadé encarna a Collé Ardo, unha valente muller que protexe a catro nenas que escaparon o día que se lles ía practicala ablación sete anos despóis de conseguir salvar á súa filla da mesma práctica, loitando así contra a inhumanizada tradición do seu pobo.
Co esforzo de Coulibaly e de persoas coma ela estáse a conseguir concienciar ós pobos africanos respeto a esta práctica, pero inda queda moito camiño por diante para erradicar unha tradición tan arraigada como brutal.

0 comentarios