Unámonos, xuventude galega (e o resto tamén) para mellorar Galicia, España, e o mundo enteiro! Despertade e loitade, vós, amantes da vida. Desatade as correas do voso pescozo e berrade, eliminade as correas que non vos deixan ir máis alá.

Temas



Enlaces

Archivos

fóra correas

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2005.

03/04/2005

RESULTADOS DOS TEMAS EN BUSCADORES

Buscador.docA continuación expoñerei os resultados que obtiven en diferentes buscadores de blogs ó buscar os diferentes temas dos que trato:
1º TECHNORATY:
- cine comprometido: 221
- artistas comprometidos: 142
- comunicación: 2458
- nenos: 215
2º BLOGLINES:
- cine comprometido: 3
- artistas comprometidos: 5*
- comunicación: 130
- nenos: 29
3º CLUSTY:
- cine comprometido: 63
- artistas comprometidos: 63
- comunicación: 84
- nenos: 69
4º FEDDSTER:
- cine comprometido: 199
- artistas comprometidos: 199
- comunicación: 4681
- nenos: 589

* os cinco resultados que obtiven en Bloglines sobre artistas comprometidos son todos o mesmo, polo que poderíamos consideralo como un só resultado.
03/04/2005 17:04 Enlace permanente. Tema: avaliación do blog No hay comentarios. Comentar.

04/04/2005

OBESIDADE INFANTIL E TELEVISIÓN

A obesidade infantil converteuse nun problema social recoñecido no noso país (só un problema social é recoñecido cando sae nos noticiarios televisivos). E é que non vos digo nada novo con que cada vez os nenos comen peor. Isto abriu un gran debate sobre a responsabilidade da televisión neste fenómeno. Pensando na influencia que este medio exerce na sociedade, non será difícil en que esa influencia é inda maior cando se trata dos nenos. A televisión converteuse no educador máis influínte para os nenos, incluso por riba dos pais e dos mestres. Segundo o que vexan actuarán e pensarán dun determinado xeito.
Un estudio realizado sobre a televisión para nenos en 2004 rexistrou nunha mañán de sábado nas principais cadeas nacionais (TVE, Antena 3 e Tele 5) 176 anuncios publicitarios de comida rápida e de "alimentos" cun alto contido calórico. Horario no que habitualmente os nenos se atopan vendo a tele.
Sabendo isto, e unido á tendencia ó sedentarismo que actualmente manifestan os rapaces, non é de extrañar que se chegase a un nivel alarmante de obesidade infantil.
Creo que algo positivo é a nova campaña de Plátano de Canarias, que inda que non sei se deu bos resultados, intenta incitar ós nenos a comer froita, e inda que o único que pretendan sexa que consuman Plátanos de Canarias. Xa, polo menos algo é algo.
De todos xeitos, no blog de Silvia González, podedes atopar un artigo moi interesante sobre as consecuencias da publicidade sobre os nenos. Podédelo ler pinchando no enlace co nome «Problemática Social».
04/04/2005 17:12 Enlace permanente. Tema: Os nenos Hay 1 comentario.

05/04/2005

CONCLUSIÓNS SOBRE A BÚSQUEDA DO DÍA 3/04

Este blog non aparece en primeira páxina en ningún dos buscadores que utilicei, nin sequera creo que aparezca en ningún buscador, nin na primeira nin na última páxina. Inda que é algo normal tendo en conta que non teño máis que un artigo escrito en cada un dos temas. Sería moito pedir, non? Así que hai que seguir traballando para que este traballo sexa recoñecido, ou polo menos, inda que non recoñecido, se coe na primeira páxina dalgún buscador destes.
Mentres, o único productivo que poido sacar desta indagación pola rede é que o mellor buscador de blogs que vos poido recomendar é Technorati.
05/04/2005 17:19 Enlace permanente. Tema: avaliación do blog No hay comentarios. Comentar.

O COTILLEO DOS TEMPOS MODERNOS

Ó ser humano sempre lle gustou indagar e curiosear na vida das demáis persoas. O cotilleo sempre existiu, é unha característica innata dos homes e das mulleres. Pero, como todo no mundo moderno, esta curiosidade pola vida axena elevouse ó extremo e invadiu os medios de comunicación. Antes o cotilleo facíase a escondidas, "espiábase" ós veciños e facíanse comentarios entre dentes ás súas espaldas, ou indagábase con preguntas discretas (indiscretas, perdón). Agora non, agora é un tema de conversación aberto que tén o seu apoio na prensa rosa e na televisión. É o que se pode chamar voyerismo mediático, que ten como principal obxectivo de mira ós famosos. Así, famosos e medios de comunicación crearon unha nova industria, unha enorme fonte de diñeiro. E así naceu unha nova profesión, unha nova maneira de vivir do conto, a deses que se fan pasar por famosos que viven vendendo exclusivas ós medios de comunicación sobre un romance inventado con un famoso ou calquera outra montaxe.
Os chamados programas do corazón que emiten por televisión son os que máis audiencia alcanzan e as revistas de prensa rosa venden millóns de exemplares tódalas semanas. Atribúeselle o éxito destas publicacións a unha función de evasión, é dicir, vendo as gracias e as desgracias dos famosos olvidámosnos dos nosos propios problemas, ou tal vez sexa que nos sintamos mellor sabendo que os famosos tamén sofren e teñen problemas. Pois pode ser, outros peinan bombillas.
05/04/2005 18:18 Enlace permanente. Tema: Comunicación e medios No hay comentarios. Comentar.

11/04/2005

O SHOW DE TRUMAN

O show de Truman é unha película feita en 1998 en Estados Unidos (é unha mostra de que en USA a veces teñen boas ideas e se pode facer bo cine). Móstranos a vida dun home que sen sabelo é o protagonista dun reality show. Desde o seu nacemento unha productora adoptouno para facer montaxe televisivo de máxima audiencia, inventándolle unha vida feliz ó lado dunha muller e un grande amigo que non son máis que actores.
Esta película está cargada de metáforas que nos fan pensar en varias cuestións relacionadas coa liberdade e a manipulación. A vida dunha persoa é o que lle fan crer que é. Cando a alguén o educan para ser unha persoa sen ambicións que non necesite ver máis que o que tén e o que lle poñen diante, esa persoa vivirá sen coñecela verdade, xa que a súa única verdade é a que lle impoñen. Esto supón un reflexo da sociedade actual, unha sociedade acostumbrada a tragar todo o que lle poñen diante sen protestar, xa que esa capacidade está durmida, ninguén nos ensina a buscala verdade e a loitar por ela porque iso non interesa. Só cando Truman se deu conta de que ó seu redor pasaban cousas extrañas comenzou a investigar polo seu propio pé cál era a realidade que o rodeaba. Foi entonces cando puido enfrontarse á verdadeira realidade, que todo ó seu redor era unha montaxe, que a súa vida, en definitiva, era unha montaxe. Só cando a xente coñece a realidade pode facer por cambiala.
Por outra parte The Truman show reflexa a esencia dos reality shows dun xeito extremo, xa que se trata da producción audiovisual máis ambiciosa xamáis feita, co fío argumental máis perfecto, con miles de cámaras situadas de forma estratéxica e un montón de actores principais e secundarios e extras. Este show tamén reserva un oco para a publicidade cando a muller de Truman promociona e anunciacia varios productos.
O show de Truman non é unha película que poida analizarse ben en unhas poucas liñas, está cargado de significado en moitos aspectos e pode abrilas portas de un largo debate. Eso déixovolo para vós.
11/04/2005 10:26 Enlace permanente. Tema: Cine Social Hay 2 comentarios.

14/04/2005

A OUTRA CARA DA VIOLENCIA DOMÉSTICA

Todos sabemos que millóns de mulleres en todo o mundo son sometidas a malos tratos polos seus mozos, maridos e exmaridos. De feito na televisión encárganse de recordárnolo cada vez que unha muller morre en España por esta causa (si, incluso nos espacios máis sensacionalistas aparecen os familiares e coñecidos chorando pola víctima, resulta patético e vergonzoso este pouco respecto pola muller morta). Do que non se fala nunca é do maltrato psicolóxico. Moitas mulleres son víctimas deste tipo de maltrato, que en moitas ocasións poden deixar feridas máis grandes que as físicas.
O perfil do maltratador psicolóxico é o de un home machista e inseguro que sente a necesidade de dominar á muller, de sometela baixo o seu criterio, para así poder sentirse seguro, para ter claro que é o rei, que é o que manda (dá pena que se poida chegar a caer tan baixo). Nestes casos o que fai o home é buscalos defectos da outra persoa e resaltalos, recordarllos de seguido, convencela de que non serve para nada, humillala, ridiculizala,falarlle de forma sarcástica, non ter en conta os seus sentimentos e incluso chegar a ameazas verbais. Isto crea un grave problema de autoestima na muller que dificilmente se soluciona, máis inda cando ninguén está ó tanto da situación. Non é visible para as demáis persoas, xa que non deixa ningún moratón nin marca física, e, polo xeral, o maltratador parece encantador ante os ollos dos demáis. Outro gran perigo deste tipo de maltrato é que non esté recollido como delicto ou a dificultade para demostrar os feitos.
14/04/2005 12:19 Enlace permanente. Tema: Denuncias Varias Hay 4 comentarios.

24/04/2005

A GLOBALIZACIÓN DOS MEDIOS

Desde hai uns anos para aquí o tema da Globalización está á orde do día. Cada vez vivimos nun mundo máis globalizado en tódolos aspectos: o económico (por suposto), o tecnolóxico, o cultural, o político... e tamén nos medios de comunicación. As grandes compañías de comunicación e entretenemento absorven ás máis pequenas ou fusiónanse entre elas para alcanzar un mercado o máis grande posible. Así, grupos de información, de telefonía, de cine e grupos informáticos pertencerían a unha soa compañía.
Este proceso de globalización dos medios pode crear grandes consecuencias culturais debido ás poucas opcións de elección que lle queda á sociedade para informarse ou para entreterse. Con isto ós medios quedarálles vía libre para unha maior e mellor manipulación da sociedade.
Disto fala Lisandro Otero nun artigo publicado na sección de "mentiras y medios" de rebelion.org chamado medios de comunicación masiva y rebeldía.
24/04/2005 13:42 Enlace permanente. Tema: Comunicación e medios No hay comentarios. Comentar.

27/04/2005

O ÉXITO DE "GRAN HERMANO"

En artigos anteriores falei sobre o cotilleo nos medios de comunicación e comentei a película "O show de Truman". Quero enlazar estes dous artigos para falar do por qué do éxito de "gran hermano". Este foi un concurso que comezou a emitirse en España no ano 2000 e alcanzou un nivel de audiencia nunca visto. Isto pon de manifesto a dónde pode chegar o cotilleo da sociedade, ou mellor dito, o voyeurismo. Non vou explicar en qué consiste este modelo de reality show porque considera que esta explicación sobra (quén non sabe qué é "Gran Hermano"?).
Este programa está bsado nunha novela de George Orwell, 1984, na que o ollo de Big Brother podía observar todos os movementos dos cidadáns. Emitiuse por primeira vez en Holanda e tralo seu éxito a idea foi vendida a unha gran cantidade de países. Ó chegar a España trataron de vendérnolo como un "experimento sociolóxico sobre o comportamento humano en convivencia con outras persoas" pero eu máis ben diría que é un experimento sobre a estupidez humana (con perdón) e sobre cál é a forma máis rápida e sinxela de gañar cartos.
Atopei un documento que analiza o efecto de "Gran Hermano" comparando tres países: España, Portugal e Brasil. Nel compáranse as diferentes versións do reality neses países e explícase o concepto de reality show, dando finalmente unha opinión favorable a este tipo de programas basándose en que alcanzan a máxima audiencia e que dese xeito é o público quen decide o que quere ver. Sinceramente, o documento está bastante ben, pero discrepo nesa última mensaxe, dado que estes programas se apoian fortemente no márketing e nas fortes campañas de promoción en tódolos medios (son comentados en revistas e incluso noutros programas de televisión), e engañan ó público facéndolles crer que son partícipes das accións dos concursantes. Por outra parte a xente empeza a aburrirse deste programa e por iso pretenden modificalo para seguir atraendo ó público, pero sempre sobre a mesma base (seguir durante as 24 horas do día a vida de persoas non famosas ata ese momento e que o público decida quen se queda e quen non). Así naceron programas como El bus, Supervivientes, Operación Triunfo ou Gran Hermano VIP. Estes programas non deixan de ser versións da primeira, e, en definitiva, telebasura.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.