HUMANIZACIÓN HIPÓCRITA
Todos vimos na televisión as imaxes máis impactantes que se obtiveron do Tsunami que devastou todo o sudeste asiático. Foron dúas semanas nas que tódolos informativos abrían coas mesmas imaxes e co reconto de mortes, sempre o mesmo, intentando exprimir o que xa non se podía exprimir para obtela maior audiencia posible. Pero hai certas preguntas evidentes a responder que tódolos medios de comunicación pasaron por alto. En IAR-Noticias formuláronse e tratáronse de responder algunhas desas preguntas coa axuda de expertos ós que consultaron. Temas como porque non se avisou ós afectados, cómo é que non coinciden os epicentros detectados ou a quen beneficia o tsunami son o centro desta noticia.
Según IAR-Noticias os observatorios estadounidenses detectaron o terremoto e deulles tempo de avisar á súa marina e a tódalas súas bases que se encontraban na zona do índico, pero sen embargo non foron postos en alerta os gobernos dos países afectados. Inmediatamente unhas horas despois da catástrofe, os países afectados recibiron axudas militares dos Estados Unidos. O tsunami brindoulle ós Estados Unidos a oportunidade de "colonizar" o sudeste asiático, lugar rico en gas e petróleo e ter unha importante presencia no mar índico nunha época de guerra de poder con China.
Chegamos a uns niveles de deshumanización realmente preocupantes, ou mellor dito, de humanización hipócrita. Unha época na que os medios de comunicación se mostran "implicados coa causa" cando a única causa que buscan é o seu propio beneficio, causa camuflada na que pretenden implicar á sociedade socializando a información; información que por outro lado está vacía porque a ninguén lle importa o porqué das cousas nin as súas consecuencias, a quen lle importa a verdade?
Todas as persoas que perderon a vida por culpa dese tsunami non teñen a menor importancia para os intereses dos máis fortes, eran persoas que vivían humildemente, que non tiñan poder. Tal vez por iso o sacrificio das súas vidas produciuse sen ningún reparo.
Se queredes vela noticia de IAR pinchade aquí.