Blogia

fóra correas

MOOLAADÉ

A ablación é un atentado contra a dignidade e a integridade das mulleres. Esto é o que denuncia Moolaadé, unha película africana dirixida por Ousmane Semben. A película está protagonizada por Fatoumata Coulibaly, unha muller que leva moito tempo loitando polos dereitos das mulleres africanas.
A ablación é unha práctica que consiste en estirparllelo clítoris ás nenas e supón o paso de nena a muller. En moitas ocasións concíbese como se fose unha festa e non se lles permite chorar ás rapazas, xa que supón unha cuestión de honra. A orixe da ablación remóntase ó Antigo Exipto e foise estendendo por todo África. Actualmente practícase tamén en algunhas zonas asiáticas e europeas onde residen comunidades de inmigrantes africanos.
Fatoumata Coulibaly, en Moolaadé encarna a Collé Ardo, unha valente muller que protexe a catro nenas que escaparon o día que se lles ía practicala ablación sete anos despóis de conseguir salvar á súa filla da mesma práctica, loitando así contra a inhumanizada tradición do seu pobo.
Co esforzo de Coulibaly e de persoas coma ela estáse a conseguir concienciar ós pobos africanos respeto a esta práctica, pero inda queda moito camiño por diante para erradicar unha tradición tan arraigada como brutal.

OS INFORMATIVOS NON INFORMATIVOS

Os noticiarios televisivos son a principal fonte de información pública en todo o mundo, pero sen embargo son os que menos informan. Desde vai uns anos os telexornais convertéronse en revistas de sucesos, nas que a pouca información transmitida se mestura con reportaxes anecdóticos, con diversos feitos, con sondeos realizados na rúa e incluso con verdadeiros reality-shows sobre a vida cotiá.
Tódolos acontecementos importantes, en televisión son tratados lixeiramente sen chegar a facer unha análise completa da cuestión. Como contrapartida para enchela noticia emiten imaxes impactantes ou os testimonios e impresións dos cidadáns, dándolle un aire dramático sempre que poidan, xa que é a esencia dos reality-shows.
Con todo isto, a desinformación dos cidadáns significa a mellor manipulación por parte dos políticos e dos medios de comunicación.

A SOCIEDADE VISTA COMO UN REBAÑO DE OVELLAS

Imaxinade un enorme rebaño nun enorme prado. E agora imaxinade que sodes unha desas ovellas que pacen placidamente nese enorme prado, que estades rodeadas de centos, de miles de ovellas igualiñas a vós -porque e que non me diredes que estes bonitos animais non son todos iguais, de feito poderíamos coller dúas ó chou e xogar ós sete erros- . Pero nese rebaño non hai soamente ovellas, non, para un rebaño tan grande debe haber algúns cans pastores para controlalo e para manexalo. E ós cans pastores esto débelles de divertir moito, débense sentir os amos! Quen fose can pastor!

CÓMO EMPEZAR

Desde este espacio pretendo publicar, con certa regularidade, artigos críticos sobre diferentes aspectos do comportamento humano, que ás veces é verdadeiramente curioso. Só pretendo rirme de todos nós, de todos en xeral e de ninguén en particular.
Non me considero ningunha reporteira intrépida, nin unha gran articulista, e nin sequera unha "listilla" tipo Javier Coronas ou calquera outro sarcástico que están tan de moda en televisión... realmente creo que me ofendería que comparasen o meu estilo ó de calquera *personajillo... mmm, agora xa sabedes como ofenderme.
Estaría encantada de que colaborasedes conmigo e me axudasedes a construír pouco a pouco (gran a gran ou pasiño a pasiño) este humilde espacio , pequeno espacio, mandándome as vosas propias reflexións.
E con isto acabo o meu primeiro artigo, o artigo de benvida, rematando con un saúdo, aquel estendido e tan optimista saúdo que dicía...
OLA MUNDO!!