Unámonos, xuventude galega (e o resto tamén) para mellorar Galicia, España, e o mundo enteiro! Despertade e loitade, vós, amantes da vida. Desatade as correas do voso pescozo e berrade, eliminade as correas que non vos deixan ir máis alá.

Temas



Enlaces

Archivos

fóra correas

Se muestran los artículos pertenecientes al tema Denuncias Varias.

30/05/2005

COMERCIO XUSTO

Anteriormente faláravos da explotación que sofren moitos nenos e nenas en todo o mundo, pero o problema da explotación non só o sofren os cativos, tamén os seus pais e milleiros de persoas adultas que teñen que traballar máis de doce horas diarias para poder levar algo á boca. A grande maioría das empresas que abusan da situación destas persoas son multinacionais, que a cada día que pasa van aumentando os seus beneficios económicos, chegando a ter máis control económico que o total de moitos países.
Dende hai uns anos varias ONGs denunciaron estas condicións de abuso e comezaron unha loita contra a inxustiza que sofren os traballadores dos países pobres coa iniciativa do Comercio Xusto. Con isto preténdese, entre outras cousas, respectalos Dereitos Humanos na producción, garantir salarios que permitan unha vida digna, a prohibición da explotación infantil, o respecto do medio ambiente e a creación de estratexias que permitan a autosostenibilidade dos países do sur. Pero para que isto sexa posible necesítase a concienciación e a implicación da sociedade. Nós, como consumidores, somos responsables do que mercamos. Debemos estar informados das condicións baixo as que se elaboraron os productos que se nos ofrecen.
Hai tres lugares en Galicia onde se loita polo Comercio Xusto: Amarante en Santiago, A Factoría do Sur en Pontevedra e Crisol en Vigo.
30/05/2005 15:10 Enlace permanente. Tema: Denuncias Varias Hay 2 comentarios.

06/05/2005

EDUCACIÓN E DEREITOS HUMANOS

Vou a comezar este artigo cunha pregunta moi sinxela:
Que vos ensinaron na escola?
Si, na escola aprendimos moitas cousas útiles, aprendimos a ler, a escribir, a sumar, a multiplicar, aprendimos as partes do corpo humano, as provincias de España, os ríos... e incluso a algúns lles ensinarían os dez mandamentos! Ben, gracias á escola temos unha cultura xeral aceptable, non somos analfabetos (agora mesmo suponse que estamos a ler), podemos facelas contas cando vamos á compra e comprendemos perfectamente o que nos contan os informativos da televisión.
Agora ben, se a alguén de vós ou se coñecedes a alguén que na escola lle ensinaran a razoar ou a pensar por si mesmo algo que non fose sumar peras con peras e mazáns con mazáns, que mo diga. E o que é máis importante, ensináronvos qué son os Dereitos Humanos e cáles son? A min non.
Na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, aprobada en 1948, exponse que o respeto a estes dereitos debe ser promovido pola ensinanza e a educación. Igualmente, no Artigo 26 exponse o seguinte: “[...] A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto ós dereitos humanos e ás liberdades fundamentais [...]”
Esta é a evidencia da violación (como se soe dicir) dos Dereitos Humanos. Ensinar e concienciar ás persoas desde cativas é o paso máis importante para o respeto e o cumprimento destes. Ninguén pode reclamar algo que non coñece, por iso manternos na ignorancia é o propósito daqueles que queren exercer o poder sobre os demáis.
Algunha vez leichela Declaración dos Dereitos Humanos? Nunca é tarde para votarlle unha ollada. Aí a tes:
Declaración Universal dos Dereitos Humanos
06/05/2005 11:34 Enlace permanente. Tema: Denuncias Varias Hay 2 comentarios.

14/04/2005

A OUTRA CARA DA VIOLENCIA DOMÉSTICA

Todos sabemos que millóns de mulleres en todo o mundo son sometidas a malos tratos polos seus mozos, maridos e exmaridos. De feito na televisión encárganse de recordárnolo cada vez que unha muller morre en España por esta causa (si, incluso nos espacios máis sensacionalistas aparecen os familiares e coñecidos chorando pola víctima, resulta patético e vergonzoso este pouco respecto pola muller morta). Do que non se fala nunca é do maltrato psicolóxico. Moitas mulleres son víctimas deste tipo de maltrato, que en moitas ocasións poden deixar feridas máis grandes que as físicas.
O perfil do maltratador psicolóxico é o de un home machista e inseguro que sente a necesidade de dominar á muller, de sometela baixo o seu criterio, para así poder sentirse seguro, para ter claro que é o rei, que é o que manda (dá pena que se poida chegar a caer tan baixo). Nestes casos o que fai o home é buscalos defectos da outra persoa e resaltalos, recordarllos de seguido, convencela de que non serve para nada, humillala, ridiculizala,falarlle de forma sarcástica, non ter en conta os seus sentimentos e incluso chegar a ameazas verbais. Isto crea un grave problema de autoestima na muller que dificilmente se soluciona, máis inda cando ninguén está ó tanto da situación. Non é visible para as demáis persoas, xa que non deixa ningún moratón nin marca física, e, polo xeral, o maltratador parece encantador ante os ollos dos demáis. Outro gran perigo deste tipo de maltrato é que non esté recollido como delicto ou a dificultade para demostrar os feitos.
14/04/2005 12:19 Enlace permanente. Tema: Denuncias Varias Hay 4 comentarios.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.