Blogia
fóra correas

Artistas comprimetidos

A GUERRA DE IRAK: FONTE DE INSPIRACIÓN

A guerra de Irak deu pe a numerosos documentais e manifestacións artísticas en contra da violencia e a masacre descarada e indiscriminada que sufriu o pobo iraquí. Bagdad rap é un documental que trata de mostrarnos a dureza dos días de guerra. Realizada por Arturo Cisneros, esta largometraxe inclúe imaxes moi crudas, rodadas por un equipo totalmente independente desde o inicio da guerra no ano 2003, que nunca foron emitidas por ningún medio de comunicación. Cisneros viu a necesidade de realizar un documental que mostrara a verdadeira masacre e crudeza que supoñía a guerra, o temor do pobo iraquí, as consecuencias dos primeiros bombardeos e o tipo de armamento utilizado polos Estados Unidos, dado que, según Cisneros, a información nos medios era incompleta, tendenciosa e basada en mentiras.
Este documental está feito a ritmo de rap, coa colaboración de grandes rapeiros españois como Ari ou Frank T. Esta innovadora idea de enfocar un documental surxiu a partir do empeño do realizador de que a largometraxe chegase a un público xoven. Para Cisneros a xuventude non se interesa polos documentais, polo que lle deu un aire máis dinámico a través da música.
Lamentablemente, Bagdad Rap estréase en cines unicamente en Madrid e Barcelona, polo que teremos que esperar un pouco para vela, a non ser que algunha desas dúas cidades vos quede de camiño.
Pero en cambio enlazo aquí unha pequena mostra dunha serie de pinturas realizadas polo famoso escultor e pintor Fernando Botero que denuncian as torturas ás que someteron os soldados estadounidenses ós presos iraquíes. Unha mostra espeluznante que vale a pena ver: Cuadros de Botero sobre as torturas ianquis

SEBASTIAO SALGADO E A SÚA FOTOGRAFÍA

Sebastiao Salgado é un magnífico fotógrafo brasileiro. A súa fotografía retrata a pobreza, o exilio, e o sufrimento humano. Salgado cre que debe darse testimonio de todo o que pasa no mundo para que así poida axudarse a resolvelos problemas. Publicou e expuxo dous grandes proxectos que o levaron a viaxar durante anos por corenta e sete países, fotografiando nenos orfos, campos de refuxiados, xente desnutrida pola fame, traballadores rurais e do sector da construcción que viven e traballan en pésimas condicións, exiliados...
O seu currículo alberga máis de 400 fotografías e máis de 50 premios internacionais entre os que se atopa o premio Príncipe de Asturias de Arte. Inda que os premios penso que non é algo máis que anecdótico, o que realmente importa é o recoñecemento do seu traballo e que éste serva para concienciarnos de todo o sufrimento que hai no mundo e para que entre todos intentemos que cambie a situación de todas esas persoas que non tiveron a sorte de nacer no mundo Occidental.
Se vos interesa coñecer máis a fondo a este autor e ollar algunhas das súas fotografías podedes visitar a seguinte páxina: http://www.terra.com.br/sebastiaosalgado/index.htm