Unámonos, xuventude galega (e o resto tamén) para mellorar Galicia, España, e o mundo enteiro! Despertade e loitade, vós, amantes da vida. Desatade as correas do voso pescozo e berrade, eliminade as correas que non vos deixan ir máis alá.

Temas



Enlaces

Archivos

fóra correas

HEROÍNA: UN REPASO SOBRE A LOITA DE CARMEN AVENDAÑO

Neste mes de maio estreouse Heroína, unha película basada na historia real dunha muller viguesa, Carmen Avendaño. Esta muller non abandonou a súa intensa loita contra os narcotraficantes galegos desde que un dos seus fillos enganchados á heroína lle pediu axuda para saír dese pozo sen fondo. Isto ocorría nos anos oitenta, época na que o nivel de consumo desta droga era elevadísimo en Galicia. Avendaño fundou, xunto con outros pais co seu mesmo problema, unha asociación chamada Érguete para axudar a drogodependentes. Esta muller loitou, poñendo a súa vida en perigo, para que a sociedade fose consciente do problema que causaban os narcotraficantes e que os heroinómanos eran persoas enfermas que o que necesitaban era axuda e non o rexeitamento da sociedade. Había unha idea moi xeneralizada de que os drogodependentes eran persoas marxinais, pero a verdade era que a gran maioría de consumidores proviñan de familias íntegras e unificadas. Moitos narcotraficantes acabaron no cárcere gracias á insistencia e valentía de Carmen Avendaño, e os niveis de consumo de heroína en Galicia baixaron considerablemente.
Gerardo Herrero, director da película, non realizou un retrato sobre o consumo de drogas nos anos oitenta senón que adaptou a situación familiar de Carmen e a súa loita persoal para axudar ó seu fillo. A película é bastante lixeira en comparación coa vida real de Avendaño, sen embargo, é unha boa reflexión sobre a loita persoal e a defensa dos ideais.
11/05/2005 18:17 Enlace permanente. Tema: Cine Social.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Eboshi

La verdad es que ciertas películas de temática social no me "suelen" gustar. Pero después de leer tu post, aunque no prometo ir al cine ^^U,prometo al menos alquilarla :P Un hurra por ti!XD

Fecha: 12/05/2005 12:34.


gravatar.com
Autor: rebekinha

olas!!pois eu si q fun a ver esta pelicula e a verdade encantoume. a meneira na que recrea o ambiente no que se desenvolven os feitos pareceume moi boa, ainda q o princio e un pouco duro. a banda sonora ten a capacidade de poñerlle os pelos de punta a calquera. unha pelicula xenial e que recomendo q todo o mundo q a vaia a ver.

Fecha: 25/05/2005 12:03.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.